Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Festa intercentros do xadrez e do debate

Imagen
Este pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á celebración, o debate.

# SiempreNosQuedaráLaLectura

Imagen
Con motivo de la celebración del DÍA DEL LIBRO, este año hemos homenajeado a Cervantes con una Lectura poética sobre El Quijote. Comenzamos el acto leyendo una interesante visión que el nuevo Premio Cervantes, el nicaragüense Sergio Ramírez, nos da sobre lo que para él es un libro: Un libro es como una casa de muchas habitaciones, cada una con un decorado diferente, y uno puede asomarse, primero desde fuera, a través de múltiples ventanas y, así seducido, entra a vivir en esas estancias cordiales y acogedoras, porque siempre hallará abiertas sus puertas. Y como estamos en abril, el mes de Cervantes, quiero recordar el libro de los libros, el que más ventanas, puertas, pasadizos y corredores tiene, El Quijote.

Emotiva lectura interxeracional

Imagen
Encantadas e emocionados quedamos logo da lectura compartida o pasado xoves 19 de abril coas persoas maiores do Centro de Día Novoboandanza .  Contámolo con imaxes:  Moitísimas grazas por esta marabillosa experiencia compartida a todas as persoas que o fixéchedes posible!!!

Gañadores de xadrez, no centro

Imagen
Xabier e Edison, xogando a final Realizada a semifinal e a final de xadrez no noso centro, temos xa a CLASIFICACIÓN FINAL:  1º: Xabier Barreiros Camiselle, 2º ESO A 2º: Édison Dávila Figueiras, 2º ESO A 3º: Ariel Canario Solís, 2º ESO A 4º: Roque Couceiro Salido, 2º Bach Noraboa a todos!!! Lembrade que o próximo mércores 25, teremos a FESTA DO XADREZ  e DEBATE con outros dous centros.  Entre outras actividades, realizaremos unha final por equipos, xogando contra os gañadores dos torneos de xadrez que tamén realizaron no IES Parga Pondal e no IES Fernando Wirtz. O mellor levarase un trofeo! Ariel e Roque, xogando polo 3º e 4º posto

No día da cultura xitana

Imagen
O pasado domingo 8 de abril celebrouse o Día internacional do Pobo Xitano. Como cada ano, desde o Secretariado Xitano seguen a presentar interesantes campañas de sensibilización contra a discriminación e prexuízo, especialmente na educación e na infancia.  Deixamos aquí as últimas: 

"Imaxes para pensar" no 3º trimestre

Imagen
Deixámosvos aquí o calendario de reunións dos grupos do Club de Lectura para o último trimestre. Neste tempo imos dedicarnos ás imaxes, en fotografía e, sobre todo, en mangas, cómics e novela gráfica. Ademais, temos como novidade importante a actividade de Lectura interxeracional . Facémola en colaboración coa Biblioteca do Ágora , no marco do seu proxecto "La hora de lectura", co Centro de Día "Novoandanza" . Temos xa unha quincena de voluntarios preparándose para ler e conversar cos maiores deste Centro.  E xa andamos un pouco nerviosos pensando na Viaxe cultural do Club de Lectura a Salamanca e Bragança durante tres días (28 e 29 abril e 1 maio). O próximo xoves 12 faremos a reunión informativa con nais e pais, ás 19:00 horas na Biblioteca. Velaquí, o calendario : 

Pasaporte Show

Imagen
Xa levamos varias sesións desta nova edición do Contrato- Programa de excelencia, que continuando en gran medida o iniciado no curso pasado, céntrase na diversidade cultural ou interculturalidade .  Baixo a dirección de Cristina de la Torre , neste curso dividímonos en dous grupos:  a) Espectáculo , que está a traballar para levar a cabo actuacións de diferente tipo nunha xornada cara a fin de curso.  b) Comunicación , que está aprendendo a editar vídeos, coa intención de realizar montaxes interesantes de materiais de entrevistas xa grabadas.