Festa intercentros do xadrez e do debate
Este
pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro
para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á
celebración, o debate.
Ás
9:30, comezamos cunha charla impartida polo MI (Mestre Internacional)
Jacobo Caselas Cabanas, quen nos sorprendeu falándonos e amosándonos
unha montaxe de vídeos sobre as mulleres no mundo do xadrez. Con el,
veu Moira Rodríguez Costa, unha das mellores xogadoras galegas, e tamén se dirixiu a nós
para contarnos un pouco sobre as súas experiencias como xadrecista muller.
Como
o pasado curso, as partidas simultáneas causaron expectación
e admiración. Ver a Jacobo Caselas enfrontándose, con toda a calma
e serenidade que lle caracterizan, a un veintena de mozos e mozas, é
todo un espectáculo.
Logo
dun picoteo na Biblioteca, máis emocións e espectáculos.
Por
unha banda, cerca do mediodía tivo lugar a final entre os tres equipos nunha miniliga por
equipos (cada un formado polos catro mellores xogadores de cada
centro). O noso resultou ganador!!!
Noraboa
ao equipo formado por Xabier, Édison, Ariel e Roque! E tamén aos
equipos dos outros centros, por suposto! Polo seu esforzo e tamén
polo xogo limpo e boas formas.

Simultaneamente,
no Salón de Actos, tivemos “O Gran Debate”, de
novo sobre a discriminación positiva (o mesmo tema que no
debate interno entre 4ºESO e 2º ESO A reseñado no blog de
filolugrisofia).

Foi
admirable ver aos rapaces e rapazas debater con tanta profundidade e
saber-facer. Poidemos apreciar a preparación previa, tanto no
contido como nas formas. O público mantívose atento en todo momento
e poido observar como se coordinaban en cada equipo, como manexaban
tempos e espazos amosando as súas boas capacidades oratorias e
argumentativas. Todo isto, mantendo sempre o respecto, por moito que todos xogaran a gañar con todo o seu empeño.
O resultado foi empate.

Noraboa,
pois, tamén, para os participantes, sobre todo!, tamén para quen
fixo de xurado (especialmente Brais e Rocío), e as preparadoras e o
público…
O
broche púxoo a entrega de premios. Tedes dous álbums de fotos no facebook
de Biblio Lugrís: un de xadrez e outro de debate. E tamén tedes moitas no blog filolandra do IES Parga Pondal.
Comentarios
Publicar un comentario