No día da cultura xitana
O pasado domingo 8 de abril celebrouse o Día internacional do Pobo Xitano. Como cada ano, desde o Secretariado Xitano seguen a presentar interesantes campañas de sensibilización contra a discriminación e prexuízo, especialmente na educación e na infancia.
Deixamos aquí as últimas:
Nalgunhas clases estamos a comentalos e tamén noutras de titoría están a proxectar a película Lola vende cá e a curtametraxe Antonia (Gitanos con palabra).
Contámosvos, ademais, que se está a realizar un arquivo da cultura romaní: RomArquive, o atlasda cultura xitana en Europa. E que no Club de cultura xitana están a traballar con imaxes para pensar... Xa vos contaremos máis...
Comentarios
Publicar un comentario