Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Jacobo Caselas

Festa intercentros do xadrez e do debate

Imagen
Este pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á celebración, o debate.

Festa do xadrez

Imagen
O xoves 9 de marzo celebramos a FESTA DO XADREZ no noso centro tal e como estaba previsto * . Recibimos con gran ledicia ao alumnado (e profes acompañantes) do IES Parga Pondal que participou con nós ao longo de toda a mañá. Empezamos cunha charla co mestre internacinal de xadrez JACOBO CASELAS , quen rompeu o xeo cun interesante vídeo sobre o campeón mundial de xadrez, Magnus Carlsen , para logo comentar de modo distendido aspectos varios sobre a historia do xadrez, as anotacións, ensinarnos o sitio web lichess.org etc. Asombrámonos seguidamente coas partidas simultáneas con Jacobo que non sabemos de onde sacou enerxía e paciencia para enfrontarse a vintecatro xogadores e xogadoras. como podedes ver no vídeo, fíxose un silencio expectante (ao principio...)e empezou a acción. Un tempo para o descanso : E logo mini- torneo Lugrís-Parga , ou urbanos contra isidros ;)  Chegaron á final Hugo Costoya e Pedro Agrelo, un de cada centro. Foi di...

Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Imagen
Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo. Cristian Enjamio, á esquerda, e Xabier Barreiros Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio.  E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto.  E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A)   Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador.  O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo , día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal , de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas , quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios....