A modo de celebración do día do libro e do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes (e Shakespeare), desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Castelá propoñémosvos un concurso de monólogos coas seguintes bases : PARTIPANTES: Todo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA: - Pode elixirse algún dos personaxes principais de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha , de Miguel de Cervantes : Don Quixote, Sancho Panza, Rocinante, o rucio, Dulcinea do Toboso, a sobriña, Teresa Panza, o barbeiro ... e, a partir do personaxe escollido, realizar un monólogo imaxinario situado no mundo actual. - Pode redactarse en castelán, en galego, en francés ou en inglés. MODO DE ENTREGA: Os participantes deberán entregar a calquera membro do departamento ou da biblioteca do centro un monólogo inédito, cunha extensión de aproximadamente 15 liñas. Para iso, completarán nun sobre pequeno os ...