4 mar. 2020

CLUB DE LECTURA CL1: SEGUNDA SESIÓN SOBRE MEMORIA DO SILENCIO

O venres 28 de febreiro celebramos a segunda reunión con África sobre o libro Memoria do silencio de Eva Mejuto.
África contóunos a historia das irmás Touza, amosounos un mapa coa ruta da fuga dende Galicia a Portugal que conta o libro e fixemos a lectura de varios capítulos do libro.
Ademáis, puidemos probar os melindres, un doce que se vendía no quiosco que tiñan as irmás
e dende onde axudaban a cruzar a Portugal a persoas fuxidas do nazismo.
O grupo do club de lectura aprobóu a proposta de nomear unha das aulas do instituto coma Aula Irmás Touza







28 feb. 2020

Final do torneo de xadrez

Alex e Hugo
O pasado xoves 20 de febreiro tivo lugar a final do torneo de xadrez no noso centro. 
Os catro seminifalistas foron: Alex Santos, Hugo Costoya, Edison Dávila e Xabier Barreiros, todos eles de 4º ESO. 

O gañador do torneo foi Alex Santos Fernández, de 4º ESO B. Noraboa!!!
Quedou Edison de segundo, Xabier de terceiro e Hugo en cuarta posición. 

15 feb. 2020

ÚLTIMAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA. XANEIRO E FEBREIRO








As últimas reunións de xaneiro organizámolas do seguinte xeito:

O xoves 23 os alumnos/as de 1º e 2º de ESO (CL1) coñeceron a obra de Eduardo Sacheri e o venres 24, no CL4, rematamos a lectura de The sun and her flowers de Rupi Kaur.

A semana seguinte, o xoves 30 no CL2, vimos tamén a charla TED de Eduardo Sacheri e os alumnos/as levaron para ler en casa o seu relato La vida que pensamos, para comentalo na próxima reunión.








O venres 31 no CL3 falamos do misterioso autor Brian Bilston e fixemos a lectura dalgúns dos seus poemas do libro You took the last bus home  e doutras publicacións  nos que mixtura o humor, a creatividade visual, os xogos de palabras e os temas que nos dan unha excusa para pensar e falar en inglés.



                                                                           
   






E comenzamos febreiro, o xoves 6, coa reunión do CL1 dirixida pola nosa compañeira África,  para coñecer a obra Memoria do silencio de Eva Mejuto. Vimos unha entrevista coa autora onde fala deste libro e comenzamos a súa lectura.
















O xoves 13 na reunión do CL2 fixemos a lectura comentada de La vida que pensamos de Sacheri. Foi unha lectura moi emotiva debido ao tema e aos personaxes da neta (que é a narradora) e o avó, cunha historia que provoca a reflexión persoal, aínda que cun punto de humor pola linguaxe que utiliza Sacheri. Quédanos pendente rematar a lectura na seguinte sesión.





                                                         



















25 ene. 2020

Torneo de xadrez, no inverno 2020



E xa imos pola cuarta edición do torneo de xadrez intercentros... 


Está xa o alumnado matriculado e comezaremos coas rondas en sistema suizo a próxima semana, o martes 28 de xaneiro. 

Xogarase nos recreos de martes e xoves. E tentaremos que haxa outros xogos de mesa para animar o espíritu lúdico saudable. 

As regras do torneo, o listado de alumnado inscrito, os emparellamentos de cada ronda e tamén os resultados provisionais podedes ir consultándoos no curso de "Biblioteca" (de acceso libre, como invitado) da aula virtual do centro. 


A xogar! 
E a animar a quen xogue!

24 ene. 2020

REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA E READING CLUBS DE XANEIRO

Empeza 2020 con novas reunións dos Clubs de Lectura e un reaxuste nos contidos: pasaremos o obradoiro de Haikus para abril polo que a reunión do CL2 do xoves 16 de xaneiro tivo como tema a poesía de Benedetti.
Por outra banda, o venres 17 fixemos a lectura de poemas do libro Falling Up de Shel Silverstein na reunión do Reading Club CL3.



Resultado de imagen de falling up shel silverstein

Resultado de imagen de mario benedetti

Esta semana tivemos reunión do CL1, Club de lectura de 1º e 2º de ESO en Castelán/Galego, e tivemos a oportunidade de ver unha charla de Eduardo Sacheri sobre a importancia da lectura e o feito de escribir. Próximamente leremos o seu relato "De chilena".






Resultado de imagen de eduardo sacheri tedx



O venres 24 o CL4 (Reading Club para os cursos superiores) falará de outro libro de Rupi Kaur, The sun and her flowers, e veremos un vídeo da autora lendo a súa poesía.



Resultado de imagen de rupi kaur reading her poems