ÚLTIMAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA. XANEIRO E FEBREIRO
As últimas reunións de xaneiro organizámolas do seguinte xeito:
O xoves 23 os alumnos/as de 1º e 2º de ESO (CL1) coñeceron a obra de Eduardo Sacheri e o venres 24, no CL4, rematamos a lectura de The sun and her flowers de Rupi Kaur.
A semana seguinte, o xoves 30 no CL2, vimos tamén a charla TED de Eduardo Sacheri e os alumnos/as levaron para ler en casa o seu relato La vida que pensamos, para comentalo na próxima reunión.
O venres 31 no CL3 falamos do misterioso autor Brian Bilston e fixemos a lectura dalgúns dos seus poemas do libro You took the last bus home e doutras publicacións nos que mixtura o humor, a creatividade visual, os xogos de palabras e os temas que nos dan unha excusa para pensar e falar en inglés.


E comenzamos febreiro, o xoves 6, coa reunión do CL1 dirixida pola nosa compañeira África, para coñecer a obra Memoria do silencio de Eva Mejuto. Vimos unha entrevista coa autora onde fala deste libro e comenzamos a súa lectura.
O xoves 13 na reunión do CL2 fixemos a lectura comentada de La vida que pensamos de Sacheri. Foi unha lectura moi emotiva debido ao tema e aos personaxes da neta (que é a narradora) e o avó, cunha historia que provoca a reflexión persoal, aínda que cun punto de humor pola linguaxe que utiliza Sacheri. Quédanos pendente rematar a lectura na seguinte sesión.
Comentarios
Publicar un comentario