Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Cómics

"El poder de la amistad", por Álex Santos

Imagen
Álex Santos Fernández, de 1º ESO C, realizou este precioso cómic, sobre a amizade e o acoso escolar. Fíxoo na materia de Lengua e literatura española, coa profesora Celia Madariaga. Cando teña máis (deste nivel, a poder ser) farase unha exposición de cómics, como case todos os cursos.  Aquí tedes... "El poder de la amistad": Esperamos incluir máis cómics vosos..

Exposición de cómics e de libros

Imagen
Preto da data do día do libro, temos na entrada do instituto unha exposición de cómics (entre eles algún manga que impresiona polo ben realizado que está)  de 1º da ESO, e outra máis de preferencias de libros de personaxes coñecidos no eido da cultura galega: "E ti que les?" Invitámosvos a que as observedes con calma. Aínda se deixarán durante un tempo.   E  aquí unhas cantas fotos da exposición que nos emprestaron do IES de Sabón:  Non esquezas que o próximo martes 29 de abril temos reunión do Club de lectura no recreo. Neste trimestre lemos MANGAS (e algo máis). Tamén te preguntaremos iso de... E ti, que les?

Queremos ter imaxe propia...

Imagen
Xa andan  colgados   polo insti os carteis anunciadores da convocatoria para o deseño de logo ou mascota para a biblioteca e o club de lectura, así como tamén as bases detalladas do concurso (o esencial é que sexa inédita, as demais condicións teñen a intención de deixar a máxima liberdade creativa posible). O prazo é ata o 7 de xuño.  E falando de imaxes, mañá mércores 8 de maio estará con nós o nomeado debuxante de cómics    Miguelanxo Prado   (A Coruña, 1958) . Recibirémolo humildemente coas bandas deseñadas realizadas polas rapazas e rapaces de 4º ESO, que logo se seguirán expoñendo na biblioteca.  Prometemos deixar por aquí fotos do encontro con  Miguelanxo Prado   e tamén doutras actividades do insti. Ultimamente non paramos... hoxe pola tarde estivo con nós a actriz Isabel Naveira , ensinando como actuar nun cásting,  pola mañá os de 2º ESO foron visitar as instalacións    nas que adestra o Dépor en  Abegondo...