Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Nicaragua

Nicaragua e SI

Imagen
Aínda que non se corresponde co Club de lectura, vou deixar aquí unhas fotos do encontro que mantiveron os rapaces e rapazas de 4º ESO con Yelda, Paola e Juan do barrio de Acahualinca, de Managua ( Nicaragua ) o pasado martes, 12 de marzo. Nel, contáronos como é a vida nun barrio que vive ao lado dun vertedoiro de lixo, e onde os nenos e nenas son maioritariamente traballadores desde moi temprana idade. Yelda fixo moito fincapé na importancia da educación nun lugar no que é difícil acceder a ela (traballar de mañá, ir a clases masificadas e sen recursos polas tardes...), e tamén do día a día difícil pola carencia de sustento económico. Estas mozas e mozos viñeron de Nicaragua para participar en reunións como a que tivemos nós nun montón de IES de Galicia e compartir as súas experiencias no marco dun proxecto de cooperación coa ONG Solidaridade Internacional .  Cambiando de tema, e agora si xa dentro do relativo ao Club de lectura, aproveito para lembrar que este luns, 18 ...