Nicaragua e SI





Aínda que non se corresponde co Club de lectura, vou deixar aquí unhas fotos do encontro que mantiveron os rapaces e rapazas de 4º ESO con Yelda, Paola e Juan do barrio de Acahualinca, de Managua (Nicaragua) o pasado martes, 12 de marzo. Nel, contáronos como é a vida nun barrio que vive ao lado dun vertedoiro de lixo, e onde os nenos e nenas son maioritariamente traballadores desde moi temprana idade. Yelda fixo moito fincapé na importancia da educación nun lugar no que é difícil acceder a ela (traballar de mañá, ir a clases masificadas e sen recursos polas tardes...), e tamén do día a día difícil pola carencia de sustento económico.
Estas mozas e mozos viñeron de Nicaragua para participar en reunións como a que tivemos nós nun montón de IES de Galicia e compartir as súas experiencias no marco dun proxecto de cooperación coa ONG Solidaridade Internacional

Cambiando de tema, e agora si xa dentro do relativo ao Club de lectura, aproveito para lembrar que este luns, 18 de marzo, ás 10:30 visitará o noso Centro, Alfredo Gómez Cerdá. Se queredes ir abrindo apetito, podedes ler algunhas das entradas do seu blog (a min gustoume unha sobre as musarañas) ou algún dos numerosos libros seus que temos na biblioteca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego