10 mar. 2013

Imaxes de muller

Con algo de retraso, como ultimamente nos acontece, tratamos hoxe un pouco sobre o día da muller que se acaba de celebrar o venres 8 de marzo. 
Non sei se sabedes que o 8M se celebra para lembrar as "eternas" malas condicións do traballo das mulleres (tanto o remunerado como o que non o é). Na actualidade falamos máis ben do día da muller, a secas. Non é só cuestión de traballo (que tamén, e moi importante), senón en xeral da situación das mulleres en case todos o planos.
Moito habería que falar sobre este día, ou mellor dito, de por que existe semellante conmemoración nunha sociedade, a nosa, que presume de igualitaria. Mais, como a pouco que reflexionemos [e Forges soe axudar], todas e todos sabemos, que a equidade entre as persoas por razón do seu sexo ou  xénero, aínda que avanzou moito [recoméndovos un artigo no que se fala de cando "ler era cousa de homes"], está moi lonxe de ser conseguida. A loita pola igualdade segue  a ser revolucionaria e signo de rebeldía. 

Moito é o que cadaquén pode aportar na construción  dunha sociedade máis xusta, en especial no día día. Non obstante, nós, desde a biblioteca, propoñémovos dedicar un pouco de tempo a investigar sobre mulleres de diferentes épocas, lugar e profesións... Quen logre poñérlle nome a máis imaxes (das expostas nos taboleiros) recibirá premio, por suposto. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario