Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Pobo xitano

No día da cultura xitana

Imagen
O pasado domingo 8 de abril celebrouse o Día internacional do Pobo Xitano. Como cada ano, desde o Secretariado Xitano seguen a presentar interesantes campañas de sensibilización contra a discriminación e prexuízo, especialmente na educación e na infancia.  Deixamos aquí as últimas: 

Descubrindo a Lita Cabellut

Imagen
Sancho Panza Don Quijote O pasado xoves 20 de abril tivemos reunión conxunta dos dous grupos do club de lectura para falar sobre a artista Lita Cabellut . Unha asombrosa pintora, que por ser de orixe xitana, conecta coa parte do alumnado que tamén é xitano e coa breve celebración que acababamos de facer do Día do Pobo xitano. Por outra banda, a forza dos seus retratos de emblemáticos personaxes serviunos para facer un repaso dalgúns dos seus referentes culturais como  Frida Kahlo (da que falamos hai pouco), Coco Chanel,  Ch arles Chaplin, Einstein...  Por suposto, tamén Don Quijote e Sancho Panza (moi a conto xusto antes da celebración do día do libro), e o seu querido Camarón de la Isla.   Camarón de la Isla Na reunión levamos a voz cantante as dúas profes, Francisca e África, guiándonos pola presentación que realizamos e aquí vos deixamos. Unha entrañable sesión, grazas á participación de todos e todas.  Ata a próxima! ...

Día do pobo xitano

Imagen
O pasado 8 de abril celebrouse o día do pobo xitano . O Día Internacional do Poblo Xitano  conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.  A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. No instituto recollimos e expuxemos algúns dos carteis da Fundación Secretariado Xitano facendo referencia a campañas divulgativas que intentan rachar con estereotipos contra este pobo que a miúdo proliferan.  Tamén colgamos o Manifesto do Pobo Xitano , redactado por Manuel Rivas o ano pasado. A campaña deste ano concéntrase no vídeo:  La pregunta de Samuel. Hay preguntas que hacen historia Outros vídeos moi recomendables son:  -   #Telebasura no es realidad - # Yo no soy trapacero - # Prejuicios absurdos Este ano, para a celebrac...