Día do pobo xitano


O pasado 8 de abril celebrouse o día do pobo xitano.

O Día Internacional do Poblo Xitano  conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. 

A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade.


No instituto recollimos e expuxemos algúns dos carteis da Fundación Secretariado Xitano facendo referencia a campañas divulgativas que intentan rachar con estereotipos contra este pobo que a miúdo proliferan. 
Tamén colgamos o Manifesto do Pobo Xitano, redactado por Manuel Rivas o ano pasado.


A campaña deste ano concéntrase no vídeo: La pregunta de Samuel. Hay preguntas que hacen historia


Outros vídeos moi recomendables son:
 -  #Telebasura no es realidad
- # Yo no soy trapacero
- # Prejuicios absurdos

Este ano, para a celebracion deste día, un grupo de rapaces xitanos foron recibidos polo Alcalde da cidade, Xulio Ferreiro. Unha das rapazas foi Nerea Muñoz, do noso centro (1º ESO C), falou no acto, polo que estamos especialmente orgullosos.  



Na próxima reunión do Club de lectura, este xoves 20 de abril, falaremos de Lita Cabellut, unha magnífica pintora de etnia xitana. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego