Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Coñécesnos?

Lembranza de José Luis Sampedro

Imagen
Hoxe nos medios , falouse moito da morte do escritor e economista José Luis Sampedro  (1917-2013). Non é para menos. Foi unha persoa entrañable, coherente e comprometida como poucas. As súas obras literarias máis coñecidas son  El río que nos lleva  (1961), Octubre, octubre (1981) e, quizais, sobre todo,  La sonrisa etrusca (1985). En economía ten escritos libros moi interesantes e de completa actualidade como El mercado y la globalización (2003) ou Economía  humanista. Algo más que cifras (2009) . Haberemos de revisar como están os fondos na nosa biblioteca de obras súas...  Unímonos a Forges no noso cariño á hora de lembrar a súa estimulante figura: Aproveito a entrada para comunicarvos que no recreo de hoxe realizamos o sorteo do concurso "Coñécesnos?", na categoría de 1º-3º ESO e PCPI na que había cinco acertantes e o premiado foi: Alejandro Espiñeira, de 2º ESO A.   Lembrade tamén que mañá mércores 10 temos reunión do club de...

Premios para "Coñécesnos"?

Imagen
Finalmente, podemos falar xa dos e das gañadoras do concurso de investigación "Coñécesnos?" a través do cal coñecimos algúns importantes rostros de mulleres aos que lles puxemos nome.  Redobre de tambor... Os premios son para:  - Na categoría de 4º ESO, Bacaharelato e ciclos:   DAVID DOCAMPO,  de 1º Bac - E na categoría de 1º-3º ESO e PCPI:  MORA CANOSA,  de PCPI Comercio ALEJANDRO ESPIÑEIRA, de 2º ESO A JOSÉ MARÍA EXPÓSITO,  de 2º ESO A AARÓN FIGUEIRA, de 2º ESO A DELIA SIERRA,  de PCPI Comercio Nesta categoría, e como estaba previsto nas bases do concurso, realizarase un sorteo entre os acertante para ver quen se queda co premio. Realizaremos o sorteo publicamente o martes 9 de abril, no recreo, na biblioteca. Os premios entregaranse na festa de fin de curso. Xa que estamos, lémbrovos que o próximo mércores 10 de abril faremos unha nova reunión do club de lectura no recreo. Esperamos contar xa con exemplares de...

Imaxes de muller

Imagen
Con algo de retraso, como ultimamente nos acontece, tratamos hoxe un pouco sobre o día da muller que se acaba de celebrar o venres 8 de marzo.  Non sei se sabedes que o 8M   se  celebra para lembrar as "eternas" malas condicións do traballo das mulleres (tanto o remunerado como o que non o é). Na actualidade falamos máis ben do día da muller, a secas. Non é só cuestión de traballo (que tamén, e moi importante), senón en xeral da situación das mulleres en case todos o planos. Moito habería que falar sobre este día, ou mellor dito, de por que existe semellante conmemoración nunha sociedade, a nosa, que presume de igualitaria. Mais, como a pouco que reflexionemos [e Forges soe axudar], todas e todos sabemos, que a equidade entre as persoas por razón do seu sexo ou  xénero, aínda que avanzou moito [recoméndovos un artigo no que se fala de cando " ler era cousa de homes "], está moi lonxe de ser conseguida. A loita pola igualdade segue  a ser revo...