Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Bob Dylan

Vicente Araguas e o poético mundo de Bob Dylan

Imagen
O alumnado de 2º Bach con Vicente Araguas e Fina Roca O pasado venres 17 de febreiro estivo con nós o escritor Vicente Araguas , que acaba de publicar El mundo poético de Bob Dylan . Con el aprendimos sobre a vida de Robert Allen Zimmerman (Bob Dylan ), escoitámolo e falamos distendidamente. Foi unha charla moi entrañable, presentada pola súa amiga e profesora Fina Roca, na que se fixeron moitas referencias aos anos 60, tanto de Dylan como do que pasaba en Galicia.  1º Bach e 4º ESO B, con Vicente Araguas  

Premios para empezar a celebrar

Imagen
Nas vésperas das vacacións de Nadal, entregramos os premios dos concursos da biblioteca (e os departamentos colaboradores) celebrados neste primeiro trimestre: o de Bob Dylan e o dos chíos contra a violencia machista. O ambiente xa era relaxado e festivo. Exames rematados, boletíns de notas aínda por chegar... Celebramos!!! Aquí temos a algúns dos gañadores do concurso contra a violencia machista:  Nerea e Pablo, acompañados de Susana (a directora) e África E aquí todas as persoas gañadoras do concurso sobre Bob Dylan:  Lara Jose Andrea Marta Mario Noraboa a todos e todas!!!

Premios do CONCURSO DYLAN

Imagen
Noraboa pola excelente participación, en especial o grupo de 2º de Bacharelato!  ;) O ALUMNADO GAÑADOR É: MELLORES TRADUCIÓNS: - 1º premio: Andrea Vázquez Ares , 2º Bach  - 2º premio: Sergio Esmorís Villar , 2º Bach - 3º premio: Namia Oujdani Sánchez , 1º ESO A. MELLORES CARÁTULAS: - 1º premio: Monique Miranda Ribeiro , 2º Bach - 2º premio: José María Expósito Otero , 2º Bach - 3º premio: Oujdani Sánchez, Namia , 1º ESO A    Accésits: Caamaño Fernández, Lara , 2º Bach                 González Guerreiro, Mario , 4º  ESO A A entrega de premios será antes das vacacións de Nadal. Os traballos están expostos na Biblioteca!

Concurso de letras e carátulas de Bob Dylan

Imagen
Para celebrar o premio Nóbel de Literatura concedido este ano a Bob Dylan a Biblioteca e varios departamentos (Lingua española, Lingua galega, Inglés, Música, Plástica, Filosofía) convocamos un concurso consistente en elixir unha canción , localizar a letra e traducila ao galego e/ou no deseño e realización dunha posible carátula de disco referida ao tema elixido. BASES DO CONCURSO:   Seleccionarase unha canción de Bob Dylan, traducirase a letra ao galego. E relacionando coa temática da letra, realizarase unha carátula ou portada do suposto disco da canción elixida.   Presentarase nunha cartolina preferiblemente de tamaño A4, co debuxo por un lado e a letra por detrás. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización da carátula (cartolina, papel de cores, tixeiras...) e o profesorado dos departamentos colaboradores ofrecerá asesoramento a quen así o desexe.   O prazo de entrega remata o venres 11 de novembro . As carátulas...

Contos en verso para... un club perverso?

Imagen
Primeira sesión do Club de lectura deste curso, realizada, no noso novo espazo! Estreamos cuarto para as reunións o pasado xoves 13 de outubro cando comezamos co CL1 (con bastantes novos participantes!) charlando sobre os Contos en verso para nenos perversos que propoñemos ler.  Tanto no CL1 como no CL2 imos estar este primeiro trimestre lendo e degustando a Roald Dahl , celebrando deste modo o que sería o 100 aniversario.  Nesta reunión organizámonos para lembrar os contos clásicos dos que parte Roald Dahl en próximas sesións, para logo captar mellor a imaxinación e humor que engade o autor. Entregamos un tríptico e un marcapáxinas para animar a lectura e o ambiente....     E o mesmo día que iniciamos, van os da Academia sueca e concédenlle o premio nóbel de literatura a Bob Dylan . Estamos de noraboa! A ver como o celebramos...