Comezamos o novo ano e, con el, o segundo trimestre con bo ánimo. Agora imos facer noso por completo o lema das Bibliotecas escolares deste curso, Un lugar para pensar, e imos facelo a través de preguntas, quizais o signo máis distintivo da filosofía e do pensamento. A modo de aperitivo, adiantamos que haberá cuestións como o por que da crueldade, que significa ser persoa, que implicacións ten a liberdade, existe unha única verdade... Moitas delas inspiradas na filosofía visual de wonderponder , na colección de Los pequeños platones e outra fontes que vos iremos indicando. Deixámosvos aquí o calendario de reunións proposto. ----------------------------------------------------------------------- ----------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------------------------------------------------- Atréveste ti tamén a preguntar? ;)
Comentarios
Publicar un comentario