3 feb. 2017

Concurso de caligramas amorosos

Resultado de imaxes para caligrama

Este ano animámosvos a crear de novo unha imaxe con palabras, é dicir, un caligrama, ao estilo dos que facía o artista francés Guillaume Apollinaire.

Deberá aludir ao AMOR en todas as súas dimensións: alegría sentida, tristeza pola perda ou separación, bágoas vertidas, cancións compartidas, tempo vivido...

Os textos poderán escribirse en galego, castelán, inglés ou francés.

Ofrecemos dúas opcións:
         a) Elixir un poema dun autor/a que vos guste e converter eses versos en imaxe caligramática.
          b) Escribir o voso propio poema e convertelo en caligrama.

O prazo de entrega será ata o 10 de febreiro
na BIBLIOTECA

ANÍMATE E PARTICIPA!


O premio será moi artístico!

No hay comentarios:

Publicar un comentario