Inicio do curso 25-26

 


Empezamos coas actividades de lectura neste novo curso 25-26. 

Coma sempre con moitas ideas e propostas... logo iremos facendo segundo podamos. 

En breve, comezarán a realizarse sesións do club de lectura que neste curso coordina a profesora Noelia Cives. Tamén solicitamos un proxecto de innovación, o LeoLab, e Biblioteca creativa. Veremos o que nos conceden...

Están xa todos os carnés de alumnado e profesorado realizados, polo que  vos invitamos a visitar a biblioteca para tomar prestado libros das novidades ou dos do fondo. O equipo da biblioteca, coordinado pola profesora Isabel Dobaño, está aberto a suxestións para ampliar e actualizar o noso catálogo. 

Este luns 13 de outubro comezamos celebrando o Día das escritoras no recreo. Poñeremos voz (e imaxes) a moitas escritoras, a miúdo pouco recoñecidas. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Concurso de Haikus