Resultados da enquisa a persoas usuarias da biblioteca
Aínda que un pouco tarde, queremos recoller aquí resumidamente a análise dos resultados da enquisa sobre o grao de satisfacción nos usos da biblioteca do curso pasado.
Recibimos 65 respostas, case igual de homes que de mulleres, a maioría estudantes da ESO e Bach, pero en todo caso de todos os elementos da comunidade educativa. A maioría usuarios, bastante frecuentes.
Os usos máis habituais son o préstamo de libros e o estudo, xunto con charlar con amizades, resolver dúbidas, participar no club de lectura e ás veces recibir algunha clase.
Case sempre atópase o que interesa. E as seccións máis empregadas son as de literatura en castelán e en galego, xunto cos xogos.
Detectamos que os puntos de lectura no exterior non son moi coñecidos nin utilizados.
Os servizos máis valorados son os de préstamos, equipos informáticos, xogos e encontros literarios.
En xeral, valora a atención recibida por parte das persoas que exercen como bibliotecarias65 responses
Tivemos tamén varias interesantes suxestións, que procuraremos poñer en práctica. Deixamos o enlace aos resultados detallados da enquisa. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Comentarios
Publicar un comentario