Cuestionando estereotipos
No CL1 e CL2 esta semana pasada dedicámola a ler poemas de Carlos Negro, dos seus libros Makinaria, Penúltimas tendencias e Masculino singular. (Se pinchades nas obras escoitaredes a voz do poeta falando e recitando as súas poesías).
Recitamos os seus poemas que, por suposto, nos levaron a cuestionarnos estereotipos masculinos e femininos. Recitamos, comentamos, cavilamos...
Deixamos aquí un vídeo-poema que ten como letra o poema "Just for men", de Masculino singular. Non nos deu tempo na sesión, polo que podedes facelo agora.
E tamén esta semana comezou o CL3, o de cultura xitana. Comezamos co vídeo "A pregunta de Samuel", que por si só xustifica este grupo do club de lectura.
Tamén aquí o que queremos é cuestionar estereotipos e prexuízos. A ver ata onde chegamos...
Comentarios
Publicar un comentario