Microrrelatos de terror... e outros concursos

Achégase o Samaín, e para celebralo á nosa maneira convocamos o II Concurso de Microrrelatos de terror do noso centro. Este curso ten novidades -lingüísticas- respecto á anterior edición. A continuación tedes as bases:

BASES DO CONCURSO:

  1. Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror.
  2. Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras.
  3. Os microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés e francés.
    E deberán comezar, dependendo do idioma elixido, das seguintes maneiras:
    - EN GALEGO: “Falábase moito do lobo da xente, ese lobo que come carne humana...”
    [ X. MIRANDA, Pel de lobo]
    - EN CASTELÁN: “Ya estaba cerca, a unos metros, pero ellos estaban paralizados. De pronto vieron la sangre...”
    [SIERRA I FABRA, Asesinato del profesor de matemáticas]
    - EN INGLÉS: “This morning about the three o`clock, we were woken by a series of terrible screams...”
    [E.A. POE, The Murders in the Rue Morgue]
    - EN FRANCÉS: “ Mes cauchemars anciens reviennent. Cette nuit, j'ai senti quelqu'un accroupi sur moi...”
[GUY DE MAUPASSANT, Le Horla]
  1. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía.
  2. O prazo de entrega remata o venres 8 de novembro.
  3. Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso.
  4. O xurado estará conformado polo profesorado do grupo de biblioteca e dos departamentos de linguas do IES.
  5. Haberá dous premios en cada idioma: un para o mellor microrrelato de 1º a 3º ESO e PCPI, e outro para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos.
A escribir, toca!

Para entonarvos, podedes ver a primeira curtametraxe de Tim Burton, Vincent (1982) na que un neno de 7 anos que se cre Vincent Price, un antigo actor de terror,  métese por completo nos personaxes de Edgar Allan Poe:





Ademáis, está en marcha a 6ª edición do concurso Ciencia que conta, no que se vos propón que escribades unha narración en torno a temas científicos (nas propias bases, que tamén están na biblioteca, ofrécenvos suxestións). Tedes de prazo ata o 16 de novembro!

Mais, se o que vos gusta é debuxar nos taboleiros do insti hai información sobre un interesante concurso de viñetas.

A ver se vos animades!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego