Relatamos terrores?


Está xa cerca o Samaín, ou Samhain (e unha boa ponte ao seu redor), así que son horas de meigas, cabazas, lobishomes e algo de tremores fúnebres... que podemos rescatar da nosa imaxinación para participar no concurso que vos propoñemos. 

Poñemos, pois, en marcha a III edición do Concurso de Microrrelatos de terror, para que vos poñades a redactar a partir dunhas frases de inicio que extraemos de E. A. Poe e G. de Maupassant

Estas son as bases: 

  1. Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror.
  2. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras.
  3. Deberán comezar dunha destas dúas maneiras:
    - “Atópome actualmente nun sanatorio; pero se entrei nel foi por prudencia, por medo”                                                                                                                       (permitíndonos utilizar as palabras de E. A. POE en O pozo e o péndulo)
    - Sentía náuseas, náuseas de morte despois de tan longa agonía; e, cando por fin me desataron e permitíronme sentar, comprendín que os meus sentidos me abandonaban”                                                                                                                    (empregando desta volta a pluma de G. de MAUPASSANT en Quen sabe?)
  4. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía, pero si a mellor sintaxe posible.
  5. O prazo de entrega remata o xoves 13 de novembro.
  6. Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso (ou poden ser enviadas a: lerunmardecontos@gmail.com).
  7. O xurado estará conformado polo profesorado do grupo de biblioteca e dos departamentos de linguas do centro.
  8. Haberá dous premios: un para o mellor microrrelato de 1º a 3º ESO e FPB e outro para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos.

Sabemos todos que a noite do Samhaín é unha noite especial. Mais ao mellor non tanto que, nesta noite, celebraríase o aninovo celta, o momento de transición da estación clara á estación escura. Trátase dunha festividade que chegou aos nosos días un pouco distorsionada pola influencia romana. Os celtas celebraban o Samhaín coma unha comunión cos mortos, xa que é a noite na que a liña que separa os dous mundos é máis fina, e os espíritos dos defuntos poden pasear polo mundo dos vivos libremente, baleirábanse nabos para poñer dentro velas e comida nas portas das casas, para manter ledos os defuntos.

As ilustracións  que acompañan esta entrada chégannos desde outro universo cultural: o Romanticismo español. O pintor Leonardo Alenza é o autor destes satíricos e tenebrosos cadros en torno á morte. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego