Festival de cine xuvenil europeo: fomos xurado

Cóntanos o profesor Roberto Varela Urrutia, o coordinador do Club de cinema:


Este pasado domingo, día 5 de maio, participamos por primeira vez na Coruña na Young Audience Award. Este certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello de A Coruña, consiste na elección da mellor película europea para o público xuvenil. Participaron neste evento 4000 mozos e mozas, entre 12 e 14 anos, de 45 cidades de 35 países. En España desenvolveuse nas cidades de A Coruña, Sevilla, Madrid e Barcelona. O evento tivo lugar nos cines dos Cantóns onde se proxectaron as tres mellores películas xuvenís do 2019.


Tivemos unha marabillosa xornada de convivencia en horario de 9:30 a 18:30. Do noso Instituto foi unha representación de 16 alumnos/as, case todos do Club de Cinema. A xornada comezou cunha presentación do programa e a continuación vimos a primeira película, Os Bando, filme noruegués que narra as peripecias dunha banda xuvenil de rock que se quere presentar a un concurso nacional .É un divertidísimo road movie que percorre as espléndidas e fermosas paisaxes norueguesas.

Unha vez rematada cada película, fíxose un pequeno debate con moita participación do alumnado.
A segunda película, Olds Boys, de nacionalidade británica, tivo menos éxito entre o alumnado a pesar de ser unha estupenda historia xuvenil desenvolvida nun British College tipo Eton. Narra un triángulo amoroso que nos traslada a obra Cyrano de Bergerac. Fai unha espléndida descrición das tradicións, costumes, prácticas deportivas e relacións entre os estudantes destes tipos de institucións educativas.
O noso alumnado
A derradeira película foi a que tivo máis éxito, Fight Girl. Resultou a gañadora na Coruña e no certame internacional. É un filme holandés que nos conta a historia dunha adolescente de familia acomodada que, como consecuencia do divorcio dos seus pais e o cambio de residencia a un barrio moito máis humilde, sofre unha importante inestabilidade emocional que lle ocasiona problemas no seu entorno. Froito do azar, coñece a unha rapaza do barrio que lle axuda nuha situación conflitiva. Esta amiga acábaa introducindo no kingboxing e, despois de múltiples peripecias, remata gañando o campionato nacional.
Como colofón da xornada, os participantes votaron a mellor película.  
Os dous profesores acompañantes, Francisca García e Roberto Varela, queremos mostrar o noso agradecemento a Cristina de la Torre, speaker do evento e organizadora.
Unha experiencia única!

Noutros lugares tamén votaron...






Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego