Concurso de cartas a... ANTONIO FRAGUAS



Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu V Concurso de CARTAS A... ANTONIO FRAGUAS co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor.

Aquí tedes as BASES:


PARTICIPANTES:
Todo o alumnado matriculado no Centro.

TEMA E IDIOMA:
O escritor (e profesor, xeógrafo, antropólogo, historiador) ANTONIO FRAGUAS.
Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos a este escritor, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo...*
Ha de estar redactada en lingua galega.

MODO DE ENTREGA:
As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com

FORMATO:
A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola.

PRAZO:
O prazo para participa finalizará o venres 31 DE MAIO no recreo.

FALLO DO CONCURSO:
O fallo do xurado anunciarase en torno o venres, 14 de xuño, na Biblioteca do centro. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.

PREMIOS:
Estableceranse 3 premios,tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º Ciclo ESO e Bacharelato e Ciclos).
Os autores e autoras das cartas gañadoras recibirán, ao final de curso, ademais do premio, un diploma. Todas as cartas seleccionadas serán publicadas no blog do Club de lectura do centro e expostas na biblioteca.
Animádevos !!!

* A Biblioteca e o profesorado de galego dispoñen de materiais bibliográficos sobre Antonio Fraguas para consulta. E aquí quédanvos algúns enlaces con información sobre ANTONIO FRAGUAS:


- Liña de tempo de Antonio Fraguas  

- Vídeo sobre Antonio Fraguas

- Materiais sobre Antonio Fraguas, no Consello da Cultura Galega

- Materiais sobre Antonio Fraguas, na Real Academia Galega


Ademais... no Portal da Lingua Galega está habilitada unha sección específica con materiais e recursos sobre Antonio Fraguas. Neste espazo tedes á vosa disposición iniciativas dos equipos de dinamización da lingua galega, as guías e os carteis gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas, marcapáxinas e audiovisuais sobre o autor editados coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Podedes acceder a través destas ligazóns:http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

Tamén vos achegamos información sobre algúns certames nos que podedes participar:

- Enreguéifate 2019, un concurso de regueifas en formato audiovisual que ten como obxectivo fomentar a improvisación oral en verso entre todo o alumnado de ensino non universitario. O prazo para presentar os vídeos acaba o 10 de xuño. Tedes as bases en https://enregueifate.gal/edicion-2019/.


- Premio Literario Nortear para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Poden participar persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. O prazo de presentación das obras remata o 28 de xuño. A convocatoria está dispoñible enhttps://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/v-edicion-do-premio-literario-nortear
          


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego