No Correlingua 2019: "O galego é a fórmula"
Este pasado venres, día 3 de maio*,
participamos no Correlingua 2019 que
se organizou na nosa cidade.
O Correlingua é un acto festivo é
reivindicativo do uso e normalización do galego en todos os ámbitos. Esta é a
19 edición é levou por título “ O Galego
é a Fórmula”. Quíxose destacar nesta edición a necesidade da revitalización
e papel prioritario que hai que darlle ao Galego no eido científico e tecnolóxico.
A pancarta que levamos este ano foi elaborada por tres alumnas de 1º de ESO coa supervisión do Profesor de Plástica, Quico Mato López, aos cales querémoslles agradecer a súa colaboración.
Ana Belén Ambroa e Quico Mato co cartel |
Este ano acompañando ao alumnado de 2º de ESO
fomos dous profesores, Ana Belén Ambroa e Roberto
Varela, que formamos parte do EDLG.
Na Coruña houbo máis de 30 Institutos
participantes e preto de 3000 alumnos/as. No total de Galiza participaron
18.000 estudantes de 20 colexios e institutos. O percorrido partiu do Pazo dos
deportes de Riazor ás 11 da mañá, e rematou na Torre de Hércules onde se
celebrou unha pequena festa amenizada por Monoulios DOP.
O concurso de pancartas, unha vez máis,
gañouno o IES de Cerceda. Acompañaron a pancarta con cancións orixinais en
galego con percusión e amplificación. Unha fermosura ver e acompañar a este grupo.
O noso alumnado, como sempre, desfrutou da
saída, e comportouse, tanto no bus como no percorrido, de maneira exemplar. Foi
un pracer acompañalos/as.
Viva
a festa do Correlingua!!!
* Relatado polo Coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística, Roberto Varela Urrutia.
Comentarios
Publicar un comentario