21 nov. 2016

Chíos contra a violencia machista


#BENQUERÉNDONOS 

#IESURBANOLUGRIS



Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista (o 25 N), a biblioteca do centro convoca un concurso de chíos (tweets). Trátase de textos breves con forma de relato, mensaxe ou lemas (como os que se realizan a través da rede social twitter)  cunha extensión máxima é de 140 caracteres.


    Bases:

1.  O tema terá que ver coa loita contra todo tipo de violencia machista, desde os  micromachismos e os acosos ata as expresións de violencia máis duras. Cada  persoa poderá enviar un máximo de tres chíos ou  tweets

2. Os chíos deberán ir acompañados das etiquetas #Benqueréndonos #iesurbanolugrisTamén poden entregarse escritos nunha tarxeta na biblioteca ou enviarse ao correo lerunmardecontos@gmail.com

 3. As persoas que presenten os seus tweets ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O centro resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos presentados, fosen premiados, ou non.

4. A presentación dos chíos poderá realizarse ata o 1 de decembro 2016.

5. O Equipo da Biblioteca que será o encargado de avaliar os chíos presentados

6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

7. Haberá premios para os mellores chíos.

8. A presentación dun chío á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases.


#benqueréndonos

#iesurbanolugris




Contamos coa vosa participación!

En breve, saberemos as persoas gañadoras do concurso de bob dylan! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario