Svetlana Alexievich, premio nóbel de literatura




Acaba de ser anunciado o premio nóbel de literatura, para unha muller, Svetlana Alexievich, escritora e xornalista bielorrusa. Trátase dunha autora pouco coñecida e con moi pouca obra traducida ao español ou galego (esperemos que isto cambie en breve). Neste outono cóntase coa tradución de La guerra no tiene nombre de mujer.
De momento, en español temos Voces de Chernóbil, que procuraremos mercar para a biblioteca, e do que podemos ler o primeiro capítulo.


Dise dela que escribiu os libros máis impactantes e completos sobre a traxedia de Chernóbil, o desastre de Afganistán (Zinky boys) e arredor das consecuencias da Gran Guerra Patriótica na Unión Soviética.

Ata o de agora só 13 mulleres conseguiran o premio nóbel de literatura en máis de cen anos (este galardón entrégase desde 1901). Alexieviche é a número catorce. A anterior escritora foi a canadiana Alice Munro hai dous anos. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego