6 jun. 2015

Final da Liga de Debate


O pasado mércores 3 de xuño tivo lugar o encontro final da II Liga de Debate no Lugrís. Nesta ocasión enfrontáronse os equipos de 4º ESO e 1º Bac. E o tema a debatir era a independencia de Galicia. 

Os equipos de 4º ESO e Ciclos por unha banda, e o de 1º Bac e 3º ESO, por outra, debatiran previamente (o 6 e 7 de maio) en torno a se as medidas contra a violencia de xénero eran ou non adecuadas. Nesa primeira fase ganaran 4º ESO e 1º Bac respectivamente. 

Nesta ocasión, a 1º Bac tocoulle defender a independencia de Galicia e a 4º ESO posicionarse en contra. Ambos equipos argumentaron moi ben, pero o ganador foi o de 1º Bac. O xurado resaltou o traballo de preparación do equipo ganador.

O profesor Xosé presenta ao equipo de 1º Bac:
Noelia, María, Mónica, Gonzalo, Anxo e Jéssica
Xosé presenta a 4º ESO: Lara, Alejandro,
  Yaiza, Bruno e Adrián

Adrián falando
Noelia explicándose
María Peral en plena argumentación
 


Aí faláchedes!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario