Océano Lugrís


Onte venres, no festival de fin de curso, presentouse tamén un vídeo realizado por Cristina De la Torre que recolle primorosamente o día da estrea da exposición permanente Océano Lugrís, ubicada en sete puntos do noso centro e que levamos a cabo este curso no marco de Contrato programa "Mapa emocional de Lugrís".
Ese día, o luns 18 de maio, recibimos a visita do IES Urbano Lugrís de Malpica e os nosos rapaces e rapazas actuaron de guías, primeiro no centro, e logo durante un percorrido lugrisián que comezou na Torre de Hércules e continuou no xardín de San Carlos, o Parrote, o café Vecchio da rúa San Andrés, o graffiti da rúa Mantelería, e rematamos todos, os malpicáns e os coruñeses, cantándolle a Lugrís diante do mural de Lugrís da praza José Sellier. 



Seguiremos aprendendo e gozando con Urbano Lugrís! Prometido!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego