Sensibilizándonos...

Iniciamos o novo ano no IES cun par de actividades que nos fixeron meter na pel de quen ten algunha discapacidade e de quen sofre explotación para que uns poucos poidamos mercar moito e barato. 
Explicámonos.

O pasado martes 14 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO participou na actividade Cara a cara coa vida. Trátase dun documental con ese título realizado por Alba Casas (que foi quen nos amosou o vídeo e logo charlou sobre como o fixo e sobre como lle cambiou a vida realizalo) en torno á vida cotiá dunha nena ferrolá (de Valdoviño) que naceu con fisura palatina e ten diversos problemas asociados. 





Mércores e xoves desta mesma semana o alumnado de 2º ESO participaron no obradoiro do proxecto "Vaia tea!" sobre consumo responsable e comercio xusto. Trátase dun proxecto da ONGD Solidaridade internacional que procura facernos reflexionar sobre o que pode haber detrás dos produtos que mercarmos e do poder que podemos ter as persoas que consumimos. 













Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego