27 feb. 2016

Recital no día de Rosalía

No día de Rosalía, o 24 de febreiro, celebramos a súa figura cun recital de poesía e música no salón de actos. 
A poesía de Rosalía amosa sufrimento, emoción e... tamén o difícil que foi a súa vida hai máis de un século.

                                I
Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de qué a teréi?

II
Ben sei que non hai nada
novo embaixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.

E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo.








Grazas aos profes Xulia e Pedro por esta iniciativa! E, sobre todo a quen recitáchedes e nos puxestes música!
Tedes algunhas fotos máis no facebook da biblioteca, todas feitas pola profesora Francisca. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario