Co proxecto de Aulas en feminino como fondo, o pasado martes 9 de abril puidemos gozar dunha 'enganchante' presentación da investigación realizada por Cristina López Villar en torno ás mulleres deportistas galegas, que ten recollida no seu libro Pioneiras do deporte en Galicia (témolo na biblioteca!).
Laura Rivas (1º Bach) cóntanos o que máis lle chamou a atención do contido da charla:
Ensinounos os deportes que practicaban e as incómodas vestimentas da época. Montar en bicicleta cun sombreiro de flores, estamos locos?
Ademáis, por culpa dos vestidos longos que utilizaban para montar en bici nos lles permitía subir facilmente, por iso inventáronse as bicicletas de barra baixa, que aínda que a día de hoxe non son necesarias seguen vendéndose.
Tamén a natación supoñía unha incomodidade para as mulleres posto que os bañadores eran moi pesados, sobre todo despois de mollarse.
Falounos de Irene, xogadora, porteira e capitá do equipo de fútbol Irene C. F. nome que se lle adicou en súa honra. E tamén de xogadoras e dunha árbitra de hockey sobre herba,
Foi unha pequena charla que se fixo moi amena. Dámoslle as grazas por vir e desexámoslle sorte co seu libro. |
Laura con Cristina |
|
Facendo "ximnástica" ao estilo de María Barbeito |
Grazas, Cristina!
Comentarios
Publicar un comentario