13 jun. 2016

Toca avaliarnos... nova enquisa



Xa desde hai un tempiño temos no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro unha enquisa sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca.

Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión. 

Tedes que entrar -mellor coa vosa clave- e responder a unhas poucas preguntas. Leva arredor de 5 minutos e para nós é unha gran axuda de cara á orientación da priorización das futuras liñas de accións. 

Grazas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario