Falemos das mulleres


Como cómpre no día internacional das mulleres, esta semana falaremos de mulleres. Este ano aproveitamos un material producido pola Casa de Emilia Pardo Bazán e xa está nos paneis da entrada unha exposición titulada FALEMOS DAS NOSAS ESCRITORAS completada con outra sobre MULLERES CON PRESENZA NA CORUÑA.

As escritoras das que falamos son:


 Safo de Lesbos, Murasaki Shikibu, Hildegard
von Bingen, Santa Teresa de Jesús, Mary
Wollstonecraft, Mary Shelley, Emily Dickinson
Rosalía de Castro, Sofía Casanova, Virginia
Woolf, Victoria Ocampo, Sylvia Plath, Begoña
Caamaño, Marta Dacosta, Teresa Moure, Clara
Campoamor, María Reimóndez, Rosa Aneiros,
María Lado

E as mulleres con presenza na Coruña nas que nos detemos son: 

(A Coruña, 1805 – A Coruña, 1872)
(Ferrol, 1820 - Vigo, 1893)
(Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885)
(A Coruña, 1862 – Polonia, 1958)
(A Coruña, 1869 - A Coruña, 1950)
(A Coruña, 1880 - A Coruña, 1970)
(A Coruña, 1899 - México, 1970)

(A Coruña, 1916- Monçao, 1998)


Temos tamén un cuestionario realizado por nós que pretende que nos mergullemos con algo de profundidade no alí escrito. E invitámosvos a ler en voz alta os textos das escritoras...



No Club de lectura reunímonos o luns 10 de marzo, e entregarásevos un pequeno agasallo de parte do IES Poeta Díaz Castro. 
No proxecto dos Booktrailers  o mércores 12 de marzo ten obradoiro o grupo C (Aire negro e Club de lectura)...
...Temos por diante unha semana chea de actividades e celebracións... 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego