Un encendido debate

O pasado mércores 9 de abril enfrontáronse dialecticamente un grupo de 4º ESO A (Ainhoa Carro, Aitor Montero, Lucía Blanco, Lucía Bouza e Sergio Esmorís) contra outro de 1º BAC A (Fatoumata Sarr, Andrea Barros, Roberto Bello e Nela Pérez ). A discusión xirou en torno a se a mocidade de hoxendía se implica ou non na sociedade. Ao grupo de 4º tocoulle defender a postura a favor e ao de 1º en contra. Ambos grupos argumentaron realmente ben, sobre todo tendo en conta que era a primeira experiencia de debate no insti. 
O debate foi moderado e dirixido polo profesor Xosé Castro, coordinador de Dinamización Lingüística; como adestradores actuaron, Davide Loimil (1º Bac) e África López (4º ESO). O xurado, os profes Xulia e Roberto, deron como gañador ao grupo de 1º Bac, aínda que recoñeceron que ambos equipos estiveron moi igualados. 

Xa temos ganas de repetir a experiencia!











Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego