Ata sempre, Gabo

O pasado 17 de abril morreu o gran escritor Gabriel García Márquez (Aracataca, Colombia 1927 - México D.F. 2014). Na festa do libro, que celebramos este mércores 23 de abril, gustarianos rendirlle unha pequena homenaxe, lembrando algunha das súas máis coñecidas obras. 
Particularmente eu asocio o seu nome a Cien años de soledad, a primeira obra que lin del aos meus 17 anos, despois de oír falar dela aos de Letras con certa reverencia (aínda que creo que ningún dos meus compañeiros e compañeiras o entendiamos demasiado ben, resultaba moi atractivo). Impresionoume iso que logo souben que se chamaba "o realismo máxico": esa mestura de realidade e fantasía que transportaba a mundo absolutamente novidoso e sorprendente: caloroso, húmido e poboado de apaixoados personaxes nun pobo, Macondo, que se entrelazaban en oníricas relacións. Todo moi diferente da humidade fría e ventosa desde a que eu lía; se cadra por iso, me encandilaba tanto. 



Deseguido, lin varios das súas obras (El amor en los tiempos del cólera, Crónica de una muerte anunciada...). E, de aí -confluíndo con outros avatares-, pasei a entrar no marabilloso mundo la literatura hispanoamericana  -Julio Cortázar, Alejo Carpentier, Juan Rulfo, Mario Benedetti, Jorge Luis Borges... e tantos outros- coa que pasei moi ricos momentos.

No recital de  con que festexamos o día do libro no instituto no día de hoxe tamén limos algún dos seus textos. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego