Comezo da "operación desconexión"

Si, cando menos por un pouco tempo, deixaremos de lado as rutinas cotiás e trataremos de cambiar os camiños do pensamento máis frecuentados... coa intención de volver ao novo curso con renovadas forzas e proxectos. (Quen teña que preparar os exames de setembro terán un tempo máis breve para desconectar, aínda que cunha boa planificación, haberá tempo para todo...).

Botando a vista atrás, remata un curso que pasou voando e que superou as miñas expectativas máis positivas, grazas en gran medida á biblioteca e ao club de lectura que funcionaron para min como un lugar -non só físico- de acollida e estímulo para o meu traballo. Así que, ademais de estar moi agradecida tanto aos rapaces, como aos colegas profes e  á directiva pola excelente acollida de todas as propostas e a participación nelas, teño -ou temos- por diante o reto de non decepcionar e continuar construindo un espazo cómodo para ler, aprender, xogar, curiosear...

Aproveito para poñer as fotos do noso último encontro no club de lectura, no que vimos a película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde.

Boas vacacións!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego