Ruliña, miña ruliña... as palabras que máis nos gustan...


Pois si, parece que no Lugrís  enchémonos de agarimo  cara o fin de curso (ou será que somos así?) e ao mirar para a nosa lingua as palabras que máis nos gustan (medida por número de votos) son  RULIÑA  e máis MORRIÑA
Nos topónimos gana por goleada RIAZOR, e entre os nomes propios VALERÓN non ten parangón (perdoade o pareado).  Penso que se nos ve demasiado o plumeiro deportivista (malia os tempos que corren).

Recollo aquí as explicacións que nos ofreceron quen propuxeron estas ben soantes palabras: 

- RULIÑA: "expresión moi cariñosa" (proposta por Antonio Chans, de STI 1º A)
- MORRIÑA:  "saudade, botar de menos" (proposta por Junquera López, de 4º ESO B), ou "un sentimento que abarca moitos sentimentos e unha palabra que todos entenden, pero nadie pode explicalo" (Noelia e Cristina Rodríguez, tamén de 4º ESO B)
- RIAZOR: "terra de fútbol" (Gonzalo Conde, de 4º ESO B)
- VALERÓN: "mago do fútbol" (Gonzalo Conde)

Realmente houbo propostas de palabras e explicacións excelentes, e na urna apenas si cabían os votos. Moitas grazas a todas e a todos, pois, pola vosa participación.





E seguimos -por pouco tempo xa- coa exposición de cómics de 4º ESO B, pendentes do final do concurso da mascota e hoxe estivemos de excursión co Club de lectura na súa versión ampla (desto faremos unha entrada aparte).

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego