18 mar. 2016

Sufraxistas, grazas pola loita






A Biblioteca e o departamento de Filosofía decidimos celebrar este ano o día da muller traballadora lembrando ás sufraxistas de principios do século XX, especialmente ás inglesas. Co impulso dado pola película Sufragistas, recompilamos algúns documentos da época: postais defendendo a súa posición e crueis caricaturas que reflicten os prexuízos do momento (moitos dos cales seguimos percibindo menos explicitamente na actualidade).  

Ademais, o alumnado de Valores éticos de 3º ESO elaborou unhas interesantes siluetas nas que presenta a algunhas mulleres loitadoras, que todos deberiamos coñecer. 

Para que non pasemos de longo pola exposición, temos uns cuestionarios para comprobar que somos capaces de observar e atopar os principais datos sobre estas figuras de muller e dar a nosa opinión sobre as postais e caricaturas. 

No curso de Biblioteca da Aula Virtual, está o material da exposición en pdf e tamén o cuestionario. 

Xa son moitas as persoas que viron a exposición! Faino ti tamén!












No hay comentarios:

Publicar un comentario