8 dic. 2015

Contando contos africanos, no Cornide

Como xa case vén sendo tradición, o pasado venres 4 de decembo, cruzamos a ponte peatonal que nos separa da outra beira da estrada para achegarnos ao CEIP Cornide Saavedra cun grupo de rapaces (actores e actrices en cernes) para representar unha lectura dramatizada de dous contos africanos. 

Primeiramente Mohamed Reda (1º ESO) e Khady Fedior (2º Bac), contáronnos un pouco sobre os seus países de orixe, Marrocos e Senegal, respectivamente. E logo lanzámonos aos contos: Simba, el miedoso e logo Conto de Mozambique
Os rapaces e rapazas do Colexio portáronse de forma máis que exemplar. Ademais de atentos e respectuosos, participaron coas súas preguntas, os seus abertísimos ollos  e os grandes aplausos. Un público de primeira...

Os ensaios previos:




E xa no Colexio Cornide, primeiro preparándose: 




E xa na acción!
1)  Semba el miedoso


2) Conto de Mozambique 


 Todos xuntos, ao final:

Moitísimas grazas: Uxía, Noelia, Morelys, Jonathan, Reda, Carlos, Douglas, Josefina, Rocío (todos, grandes actores e actrices), Paula (a presentadora) e Iván (o músico). Tamén a Khady e Reda, por ilustrarnos sobre os seus países. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario