22 ene. 2017

Sorprendéndonos con Frida Kahlo


Comezamos xa a nova serie de reunións do Club de lectura do curso. Desta volta, contemplando os cadros de Frida Kahlo e achegándonos á súa vida. Para isto último a nosa guía está sendo a novela gráfica Frida Kahlo. Una biografía de María Hesse.


Na sesión deste pasado xoves, agasallamos cun tríptico sobre Frida Kahlo e o calendario do trimestre, un marcapáxinas (cortado e plastificado con moitas colaboracións;) e citas variadas do seu Diario.

As pinturas de Frida supuxeron unha sorpresa e descubrimento para a maioría dos participantes. Aproveitándonos deste shok propuxemos un mini-concurso ou, mellor, un pequeno reto: escribir versos ou frases breves recollendo a impresión deixada en nós polas súas pinturas. Contarémosvos o resultado. 

Se queredes mergullarvos un pouco máis en Frida Kahlo e o seu mundo, suxerímosvos un paseo virtual pola Casa azul onde ela vivíu e tanto lle gustaba e, por suposto, unha detida contemplación das súas pinturas.




 Ata a próxima!





No hay comentarios:

Publicar un comentario