Clubs de lectura: xuntanzas dende febreiro a maio
Seguen a reunirse os Clubs de lectura nos recreos dos luns e dos xoves. Nalgún caso tivemos que pospoñer a reunión porque os e as participantes tiñan exame, polo que reestruturamos o calendario.
Aínda así, avanzamos coas lecturas.
Os alumnos e alumnas máis novos seguen participando sempre. Aquí os temos en febreiro con Rachel, no Club de inglés, seguindo coa lectura de Wonder.
Nos Clubs en lingua castelá estamos a ler Hozuki, la librería de Mitsuko.
E con alumnos e alumnas de 4º de ESO:
Mencionar tamén que no Club de lectura recibimos libros en inglés que están á disposición do alumnado e que xa están a levar a casa con moi boa aceptación xa que hai lecturas para todos os niveis.
Comentarios
Publicar un comentario