V Torneo de xadrez intercentros


Este pasado venres 21de maio achegámonos ao IES Rafael Dieste para xogar un torneo de xadrez. Debido á situación pandémico trasladámonos con pouco alumnado, con aquel que foi máis regular no torneo de  de xadrez on line do centro. 

Todos os participantes xogaron dúas rondas e logo fíxose unha semifinal e unha final. O gañador absoluto foi Daniel Rey, de 1º ESO do IES Rafael Dieste. E  de segundo quedou Hugo Costoya, de 1º Bach, do IES Urbano Lugrís, nunha moi reñida final.

Foi unha breve, pero completa visita, xa que puidemos xogar, comer un pouco e mais facer un tour polo Centro acompañados do seu Director Mateo Torres. 

Quedamos moi agradecidos polo acollemento que nos ofreceu sobre todo a organizadora de alí, a profesora Beatriz Cuesta e o demais profesorado que nos acompañou. Tedes algunha foto máis en fotos xadrez intercentros

 










Ata o próximo curso!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego