Paxariñas pola paz

Para conmemorar o Día internacional da paz e a non violencia, o próximo martes 30 de xaneiro propoñemos elaborar paxariñas e outras figuras en papel  no recreo e nas clases.

Practicar origami (elaborar figuras en papel) require concentración, relaxación, habilidades e práctica…
Invítanos á serenidade e á paz…
Nas paxariñas de cores poderemos escribir poemas e frases que teñan que ver coa paz
Trae pensada o teu lema e nós ensinámosche a facer a paxariña

Logo colocarémolas todas xuntas facendo un decorado…



Queremos relacionar esta actividade coa LENDA DAS MIL GRÚAS DE PAPEL e a  HISTORIA  DE SADAKO SASAKI

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel.

A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez  años máis tarde, cando tiña 12, como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba, diagnosticáronlle leucemia. Mentres estaba no hospital unha amiga contoulle a lenda 1.000  grúas de papel. Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu  antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira pregar 644 grúas de papel. Simbolicamente, as súas amizades continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitaran as guerras no futuro e se acadara a paz entre todos os países do mundo.

ANÍMASTE A FACER NOSA ESTA LENDA? Facémoslle unha ofrenda á paz?
Lograremos facer as 356 paxariñas que lle faltaron a Sadako?

Agardamos por ti o martes, 30 no recreo na entrada do instituto!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego