4 mar. 2018

Recta final do Torneo de xadrez

O próximo luns 5 de marzo terá lugar a séptima e última ronda do torneo de xadrez, que se realizaron seguindo o sistema suizo. 

Ao longo destas semanas, vivíronse bastantes recreos intensos. 





Logo dos exames e das vacacións de Semana Santa, realizaremos unha semifinal e final  coas catro persoas participantes con maior puntuación. Será nos recreos do martes 17 de abril e mércores 18 de abril. E na semana seguinte, o mércores 25 de abril, terá lugar no noso centro a Festa do xadrez intercentros. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario