Excursión de fin de curso dos Clubs de Lectura

 Para despedir o curso 20-21, os Clubs de lectura fixemos unha saída a Santiago de Compostela.

O luns 21 de xuño desprazámonos un grupo de alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º de ESO xunto con tres profesoras a Santiago. Alí fixemos unha visita literaria e histórica guiada, con lectura de poemas e fragmentos de obras de autores relacionados coa cidade e a súa cultura.

Deixámosvos unha pequena mostra do que vimos na cidade e do que nos falou a nosa guía : O Obradoiro, a Catedral,  o Hostal dos Reis Católicos, a Praza da Quintana, Xelmírez, o mercado de abastos, o mosteiro e a igrexa de San Martiño Pinario, Fonseca, a Facultade de Xeografía e Historia e a de Filosofía, a Casa das Crechas, a praza de Cervantes e o Preguntoiro.























Rematamos a visita guiada na Alameda arredor da unha e media e , tralo xantar, entramos na Catedral pola Porta Santa ao ser Ano Xacobeo. Logo da visita á Catedral, voltamos a Coruña.
E así despedimos este curso 2.020-2.021.
Voltaremos en setembro coas mesmas ganas e esperamos que os e as participantes nos Clubs de Lectura se animen a seguir lendo tamén nas vacacións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego