Obradoiro de Haikus

 




As dúas primeiras semanas do mes de maio o club de lectura somerxese na cultura nipoa da man da profesora Francisca García Jáñez que explica aos dous grupos (3º e 4º ESO e 1º e 2º ESO) a arte dos haikus.

Francisca explica a importancia da natureza na cultura xaponesa e como isto vese reflectido nos seus poemas en forma de haiku. Ademais, anima ao grupo a saír a natureza, buscar un momento satori (momento de paz e tranquilidade, de iluminación) e escribir dous haikus. Xa que a semana que ven, terá lugar un concurso no que premiaremos as mellores creacións. 

Serán capaces os nosos alumnos e as nosas alumnas de provocar no xurado o aware (emoción profunda provocada pola beleza da natureza)? 

Aquí deixamos algunhas fotos do obradoiro 





Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego