8 may. 2018

Concurso de Cartas a... MARÍA VICTORIA MORENO





Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu IV Concurso de CARTAS A... Mª VICTORIA MORENO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento desta escritora.


PARTICIPANTES
Todo o alumnado matriculado no Centro.

TEMA E IDIOMA
A escritora Mª Victoria Moreno.
Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo...*
Ha de estar redactada en lingua galega.

MODO DE ENTREGA
As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com

FORMATO
A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. 

PRAZO
O prazo para participa finalizará o xoves 31 DE MAIO no recreo.

FALLO DO CONCURSO
O fallo do xurado anunciarase en torno o venres, 15 de xuño, na Biblioteca do centro. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.

PREMIOS
Estableceranse 6 premios,tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º Ciclo ESO, Bacharelato e Ciclos).
Os autores e autoras das cartas gañadoras recibirán, ao final de curso, ademais do premio, un diploma. Todas as cartas seleccionadas serán publicadas no blog do Club de lectura do centro e expostas na biblioteca.

  • A Biblioteca e o profesorado de galego dispoñen de materiais bibliográficos sobre Mª Victoria Moreno para consulta.

Animádevos !!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario