14 may. 2018

Miguel recomenda... "A dúbida", M. Reimóndez

Miguel Pérez Redondo, de 4º ESO, recoméndanos a lectura de "A dúbida", de María Reimóndez



Sinopse: 

A dúbida é un libro escrito por María Reimóndez, que se centra na historia de Adelaida Sánchez, á que todo o mundo chama Deli. É unha muller moi miúda, que, segundo a describe a autora no libro, ten corpo de nena pequena. O relato comeza un día pola mañá, coa visita da policía. Vicente, o seu home, fora acusado de abusos sexuais a menores. Deli non entendía nada, nunca vira deter a ningúen, só nas películas, e non tiña nada que ver coa súa realidade.

Opinión: 
Encantoume, foi un dos mellores libros que lin, a dúbida sobre a culpabilidade de Vicente atrápate desde o primeiro momento.
Trata temas que se dan moito na actualidade e céntrase no rol da muller hoxe en día. As mulleres non teñen por que estar dobregadas ao home e neste libro vese como Deli é o suficientemente forte para ir en contra do seu marido, ela pon a verdade diante de todo, de principio fixo o que puido para demostrar a súa inocencia e logo todo o contrario.
Ao final quédase soa, pero sabendo toda a verdade, era unha muller libre. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario