Bos desexos de ano novo, entre contos e poesía

Os últimos días de clase deste 2013 pasáronnos voando entre actividades, exames e notas. Non atopamos nin un minuto para dar conta aquí do feito. Así que facémolo agora, un pouco a touro pasado. O martes 10 de decembro, en lugar de dedicarnos á celebración do día dos Dereitos Humanos (que tamén tería estado ben), fixemos a nosa reunión do Club de lectura ao mediodía. Visionamos a curtametraxe "A lus do mundo", recitamos algún poema de Nimbos , o único libro publicado de Xosé Díaz Castro, e logo ensaiamos algún dos contos infantís para lerlles aos pequechos e pequechas do CEIP Sagrada Familia. O martes 17 fomos un bo grupo de rapaces e rapazas (de 1º, 2º e 3º da ESO, máis Andrea, de 1º Bac) con dúas profes a lerlles contos aos máis cativos do Cole Sagrada Familia . Resultou unha experiencia inesquecible para quen participamos nela. Primeiro contáronlles contos á rapazada de 1º de Primaria, no salón de actos, e por grupos de entre cinco e oito. E logo, ...